Por E.P. | A CORUÑA | 31/08/2021 | Actualizada ás 18:30
O candidato a presidir a dirección do Partido Popular da provincia da Coruña, Diego Calvo, inicia este martes no concello de Muxía unha serie de actos cos que percorrerá ata o próximo 13 de setembro diferentes municipios das comarcas coruñesas.
Será nunha campaña coa que o dirixente popular pretende reunirse con alcaldes, portavoces e simpatizantes da súa formación para facerlles chegar o que será o seu proxecto á fronte do partido durante os próximos anos, ante o congreso provincial do 25 de setembro no que optará a revalidar o cargo.
Farao, co obxectivo, informa o PP provincial, de "recuperar os gobernos do tres grandes cidades da provincia, A Coruña, Santiago e Ferrol- e, ademais, incrementar o seu peso provincial para acceder á presidencia da Deputación da Coruña".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.