Pontevedra e Vilagarcía centralizan desde este mércores os puntos de xestión covid na área sanitaria

A área Sanitaria lembrou que a activación durante agosto destes novo puntos administrativos foi unha medida temporal posta en marcha polo Servizo Galego de Saúde nalgunhas localidades da zona que presentaban unha alta incidencia do virus, para descargar aos centros de saúde e facilitar a obtención de documentos por parte da poboación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2021 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés centraliza desde este mércores, día 1 de setembro, nos municipios de Pontevedra e Vilagarcía de Arousa a actividade dos puntos de certificados e xestión administrativa da covid-19.

Diso informou a xerencia nun comunicado, no que sinala que, en base á evolución positiva da pandemia, a Administración Sanitaria Pública galega finaliza a actividade temporal dos puntos de certificados COVID dos municipios de Marín, Bueu, Sanxenxo, Caldas de Reis, O Grove, Cambados e Vilanova de Arousa.

En Pontevedra, o punto administrativo con sede provisional no edificio da Xunta na rúa Benito Corbal e entrada pola rúa Javier Puig manterase a partir deste mércores cun horario de actividade ao público de luns a venres, desde as 10,00 ás 17,00 horas. Tramitará certificados de vacinas, de test de antígenos negativos, altas tras superar a covid-19, altas en E-Saúde e accesos a Chave365.

Así mesmo, o punto administrativo con sede provisional na sala de exposicións do Auditorio Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa tamén se manterá desde este mércores cun horario de actividade ao público de luns a venres de 10,00 a 17,00 horas.

A área Sanitaria lembrou que a activación durante agosto destes novo puntos administrativos foi unha medida temporal posta en marcha polo Servizo Galego de Saúde nalgunhas localidades da zona que presentaban unha alta incidencia do virus, para descargar aos centros de saúde e facilitar a obtención de documentos por parte da poboación.

Durante este período, estes puntos administrativos tramitaron máis de 2.200 altas en E-Saúde, emitiron máis de 11.000 certificados COVID conforme á normativa da Unión Europea, cunha actividade organizativa de ao redor das 17.300 xestións de diversa índole para a poboación.

Por outra banda, a Xerencia tamén informou de que, en coordinación co Concello de Sanxenxo, a Sala Nauta desta localidade acollerá novos cribados voluntarios con PCR os próximos xoves e venres, días 3 e 3 de setembro. Á iniciativa, a área Sanitaria convocará por SMS a 3.500 habitantes de entre 15 e 39 anos de Sanxenxo con cartón sanitario activa nesta localidade.

Hospital de Montecelo, en Pontevedra
Hospital de Montecelo, en Pontevedra | Fonte: aldhos.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta