Estabilizado o incendio forestal de Rois, que afectou a unhas 20 hectáreas

No seu control, participaron, ata o momento, tres técnicos, nove axentes, 19 brigadas, 13 motobombas, 3 pas, catro avións e cinco helicópteros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Rois, na parroquia de Leroño, quedou estabilizado e afectou, segundo as primeiras estimacións, a unhas 20 hectáreas de superficie.

Así o informa a Consellería de Medio Rural sobre un lume que se iniciou ás 17,41 horas da tarde do martes e que quedou estabilizado ao redor das 22,40 horas.

Segundo as primeiras estimacións, afecta a unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas. No seu control, participaron, ata o momento, tres técnicos, nove axentes, 19 brigadas, 13 motobombas, 3 pas, catro avións e cinco helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, lembra que existe un número teléfono anónimo e gratuíto se se sospeita dun delito incendiario, o 900 815 085.

Imaxe dun incendio
Imaxe dun incendio | Fonte: INFOCA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta