Gran aumento dos mortos nas estradas, once máis que o pasado ano

Galicia rexistrou 45 accidentes mortais no que vai de ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2021 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou no que vai de ano 45 accidentes mortais, nove máis que o ano anterior no mesmo período, cun total de 49 vítimas --once máis--, segundo informou o Centro de Control de Tráfico do Noroeste, da Dirección Xeral de Tráfico (DGT).

Só en agosto, houbo seis accidentes mortais en vías interurbanas, cun total de seis falecidos. Igual que ocorreu en 2020, nin as provincias de Lugo nin as de Ourense rexistraron sinistros nin falecidos o pasado mes.

Dos contabilizados en agosto, houbo nas da Coruña e Pontevedra, tres accidentes mortais en cada unha e outros tantos mortos, fronte ao ano anterior con mesmo número de accidentes pero tres falecidos na provincia coruñesa e dúas na pontevedresa.

Por tipo de sinistros, os principais son: saídas de vía (3), colisións (2) e por atropelos, un. Por idades, dous dos falecidos tiñan entre 45 e 54 anos e o resto estaban entre os tramos de idade de 15 e 24 (1); 35-34 (1); 55-64 (1) e máis de 65 anos, un.

No que vai de ano, contabilizáronse un total de 45 sinietros mortais, con 49 vítimas, fronte aos 36 e 38 respectivamente do ano anterior. Dos accidentes, 21 foron na provincia da Coruña; seis na de Lugo; cinco na de Ourense e 13 na de Pontevedra.

Accidente de tráfico mortal ocorrido na recta de Tamaguelos, en Verín (Ourense).. GARDA CIVIL
Accidente de tráfico mortal ocorrido na recta de Tamaguelos, en Verín (Ourense).. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta