Máis de 40 institutos galegos disporán do bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía

Cinco deles serán de nova incorporación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2021 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Un total de 43 centros educativos galegos disporán neste curso do bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía (STEMbach), segundo publica este mércores o Diario Oficial de Galicia (DOG). Deles, cinco serán de nova incorporación. Destes, tres son de institutos, todos na provincia de Pontevedra (Caldas de Rei, Valga e Vigo) e dúas corresponden a centros públicos rurais, un está na Coruña e outro en Vigo.

Segundo a resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se resolve definitivamente a relación de centros autorización para impartir este bacharelato, son 38 os que continuarán con este bacharelato. Destes, 18 están na provincia da Coruña, en concreto nos municipios de Betanzos, A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, Culleredo, Cambre e Oleiros. Outro tres están na de Lugo, deles dúas nesta cidade e un en Monforte de Lemos.

Na provincia de Pontevedra, son trece: Cambados, Cangas, Lalín, Nigrán, Soutomaior, Tui, Moaña, Vigo, Pontevedra e Bueu. Na de Ourense, son catro, todos eles nesta cidade.

IES Monte Carrasco de Cangas
IES Monte Carrasco de Cangas | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta