Extinguido o incendio forestal de Rois tras queimar 15 hectáreas

Inicialmente, e nunha primeira estimación, situáronse en 20 hectáreas as afectadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2021 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

O incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Rois, na parroquia de Leroño, quedou extinguido e afectou a 15 hectáreas segundo as últimas medicións efectuadas con GPS, segundo informa a Consellería de Medio Rural. Inicialmente, e nunha primeira estimación, situáronse en 20 hectáreas as afectadas.

O lume que se iniciou ás 17,41 horas da tarde do martes e que quedou estabilizado ao redor das 22,40 horas e controlado ás 16,12 horas deste mércores. No seu control, participaron, ata o momento, tres técnicos, dez axentes, 21 brigadas, 13 motobombas, 4 pas, catro avións e seis helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, lembra que existe un número teléfono anónimo e gratuíto se se sospeita dun delito incendiario, o 900 815 085.

Bombeiros das brigadas antiincendios da Xunta de Galicia. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Bombeiros das brigadas antiincendios da Xunta de Galicia. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta