O festival Revenidas enche a oferta cultural de Vilagarcía con múltiples actividades de balde

Na vindeira semana terán lugar un roteiro musicado con Xurxo Souto, á parte de diversas actuacións que se estenderán dnede o mércores ao domingo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2021 | Actualizada ás 21:41

Comparte esta noticia

O festival Revenidas volve un ano máis a encher Vilaxóan de Arousa cunha ampla oferta musical que, desta vez, recolle tamén un calendario de actividades “paralelas" de carácter cultural, lúdico e infantil, que se desenvolverá dende o mércores 8 ata o domingo 12.   Esta listaxe de saídas e actividades comezará o vindeiro mércores 8 co roteiro «Redescubre Vilaxoán con Xurxo Souto». A partir das 18 horas  partindo da praza Rafael Pazos, o músico e escritor realizará un roteiro guiado e musicado pola vila ao que poderán asistir 25 persoas. Todas as actividades terán lugar na praza Rafael Pazos e son de balde ata completar aforo e, agás este roteiro, non requiren de inscrición previa.

Festival 'Revenidas' de Vilaxoán de Arousa
Festival 'Revenidas' de Vilaxoán de Arousa | Fonte: remitida

Ese mesmo mérocres, e tamén na praza Rafael Pazos, a partir das 21h terá lugar unha sesión da Duendeneta by Fest Galicia. O xornalista e crítico musical Carlos Crespo realizará un percorrido polo pasado, presente e quen sabe se tamén polo futuro da música en galego dende a discomóbil vintage. 

O resto da semana correrán ao cargo de Félix Rodríguez e Fran Rei, que o venres ás 19:00  presentarán «Saaabor!», un espectáculo cómico para todos os públicos que mestura música, maxia, humor, ritmo co mundo da gastronomía de fondo. O venres será a quenda de Peter Punk, o personaxe que encarna Isaac Rodríguez Miranda, “un dos clowns de referencia en Galicia”, de acordo co festival, que presentará un renovado espectáculo para todos os públicos cun humor “traste, fresco e irreverente”.

O sábado será o día de Paco Nogueiras con “Extra”, un un espectáculo baseado no libro‐CD homónimo que en realidade é un xornal musical no que teñen cabida as novas máis curiosas, os temas máis diversos e os sucesos máis especiais, sempre con ritmo e humor As actividades paralelas do Revenidas, apuntan dende a organización, péchanse o domingo, ás 19h n «Desastronauts», un espectáculo de voadores e cheo de humor a cargo de Raquel Veganzones e Girisho Gordon, graduados ambos da escola londinense The Circus Space.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta