Galicia comeza a vacinación de persoas que xa pasaron a covid

Só recibirán unha dose, segundo apuntou o presidente da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2021 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

Galicia citou para vacinarse este sábado a case 31.000 persoas que xa pasaron a covid-19, segundo informou este xoves o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. O titular do Executivo autonómico, na rolda de prensa posterior ao Consello de Goberno, apuntou que seguen así o protocolo establecido de "enfermidade máis unha dose, inmunización". "Unha vez dados de alta, son chamados para dispensarlles a dose que necesitan", explicou Feijóo.

Este chamamento xa o avanzou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, semanas atrás, pero aínda sen unha data concreta. Déixase sen vigor desta forma a cadencia de seis meses entre pasar a enfermidade e recibir a vacina contra o coronavirus, que quedara establecida ao principio da pandemia.

Varios mozos acoden a un dispositivo de vacinación contra a Covid-19 na Cidade da Cultura / Europa Press. / Europa Press
Varios mozos acoden a un dispositivo de vacinación contra a Covid-19 na Cidade da Cultura / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta