As probas de oposición ao Sergas terán lugar en Silleda entre o 18 de setembro e o 24 de outubro

O obxectivo é cubrir as 1.311 prazas que o Goberno galego oferta para "reforzar a sanidade pública galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2021 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

As probas de oposición ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) terán lugar no Recinto da Feira Internacional de Galicia, que se atopa en Silleda, entre o 18 de setembro e o 24 de outubro, tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Estes procesos selectivos, correspondentes á convocatoria de 2019-2020, reunirá a 8.812 aspirantes, dos cales 3.780 corresponden a persoal licenciado e 5.032 ás categorías de persoal técnico sanitario. O obxectivo é cubrir as 1.311 prazas que o Goberno galego oferta para "reforzar a sanidade pública galega.

Esas 1.311 vacantes desagréganse da seguinte maneira: 996 corresponden a 42 categorías de persoal licenciado sanitario, das que 892 pertencen a 39 especialidades de facultativo de área; 89 a médico de urxencias hospitalarias; dez de médico asistencial do 061; e cinco de médico de admisión e documentación clínica.

As 315 prazas restantes divídense así: 86 para persoal técnico sanitario das especialidades de farmacia; 104 para laboratorio de diagnóstico clínico; 63 para imaxe para o diagnóstico; 10 para hixiene bucodental; 41 para anatomía patolóxica e citología; e 11 para radioterapia.

Ademais, o Executivo autonómico destacou que outros 288 aspirantes exercerán o seu dereito á promoción profesional. Trátanse de traballadores do Sergas que desenvolven as súas funcións noutra categoría profesional dun nivel de titulación igual ou inferior. Tamén se admitiu a participación de 226 persoas aspirantes pola vía de acceso de discapacidade.

Preto de 3.000 aspirantes participaron este sábado nas oposicións para o Corpo Administrativo C1 da Xunta. XUNTA
Preto de 3.000 aspirantes participaron este sábado nas oposicións para o Corpo Administrativo C1 da Xunta. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta