O PPdeG presume de paz interna con congresos provincias nos que non haberá cambios de dirixentes

Os presidentes provinciais repetirán no cargo, agás no caso de Jesús Vázquez, que vén de anunciar a súa renuncia. O PP xa ten a vista posta nas municipais de 2023 e critica a situación do PSdeG e do BNG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2021 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

O PPdeG encara este inicio do novo curso político coa renovación das estruturas provinciais do partido este mesmo mes de setembro e a mirada posta nos comicios municipais de 2023, o "principal reto electoral". Un proceso no que non haberá cambios importanes, xa que aspiran a lidera as canidaturas provinciais, os mesmos cargos que xa as ocupan agora para evitar liortas internas e preparar eses comicios.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, sinalou en rolda de prensa que a formación "tomou poucas vacacións" no mes de agosto, tras saír do proceso congresual de xullo e, agora, mirando cara ao "futuro inmediato" desde o punto de vista organizativo: renovar o partido para prepararse de face ás eleccións de 2023.

En paralelo, engadiu, tanto a Xunta como esta formación dedicou "todo este tempo" a centrarse na loita contra as "dúas pandemias", a sanitaria e a económica que se deriva dos efectos da covid-19. Tellado contrapuxo esta tarefa fronte a unha oposición que ve "completamente ensimesmada".

O secretario xeral do PPdeG ironizou co rexeitamento do socialista Gonzalo Caballero a tomar vacacións para situar a súa preocupación "en cuestións orgánicas" e testear apoios nas catro provincias en lugar de "facer seguimento" dos efectos da pandemia.

Ao mesmo tempo, referiuse ao anuncio da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que iniciou un proceso de reflexión sobre o seu futuro político, cuestión que cre "razoable" ao tratarse dunha persoa "que leva case 20 anos como deputada autonómica".

"Gustaríanos que ademais dos seus propios intereses, Ana Pontón reflexionase sobre a deriva do BNG nos últimos anos", engadiu, e en particular as relacións con Bildu e ERC, contexto que comparou coas alianzas da formación nacionalista durante o liderado de Xosé Manuel Beiras (PNV e CIU).

Finalmente, tamén animou ao BNG a reflexionar sobre o seu "apoio incondicional" ao PSOE "sempre que pode e alí onde pode" e en particular á "esquizofrenia política" de ofrecer roldas de prensa para criticar ao Goberno do Estado e, con todo, exercer un voto "determinante" que situou a Pedro Sánchez como presidente do Goberno.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, xunto aos presidentes do partido na provincia de Ourense, Manuel Baltar; en Lugo, Elena Candia; en Pontevedra, Alfonso Rueda; e o secretario xeral, Miguel Tellado.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, xunto aos presidentes do partido na provincia de Ourense, Manuel Baltar; en Lugo, Elena Candia; en Pontevedra, Alfonso Rueda; e o secretario xeral, Miguel Tellado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta