A Xunta emitiu máis de 1,7 millóns de certificados covid para a cidadanía

As farmacias rexistraron os resultados de 35.398 probas, das que 464 foron positivos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/09/2021 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia emitiu dun total de 1.794.403 certificados covid, dos que 1.728.260 foron de vacinación, 40.642 de resultado de proba diagnóstica e outros 25.501, certificados de superar a enfermidade.

Diso informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, no que destaca que, en colaboración coas áreas sanitarias, continúa realizando test de antíxenos de forma gratuíta nos puntos situados nos diferentes distritos sanitarios. Ata o día de hoxe, estes puntos realizaron probas a 27.393 persoas, das que 309 arroxaron un resultado positivo.

Ademais, tras aprobarse por parte do Goberno de España a venda de autotest nas oficinas de farmacia, a Xunta asinou, co obxectivo de evitar unha maior carga asistencial na atención primaria, un acordo cos colexios oficiais de farmacéuticos para que os establecementos adheridos puidesen acreditar a validez dos resultados e integralos nos rexistros do sistema público de saúde.

Segundo detallou a Xunta, ata o día de hoxe, as oficinas de farmacia rexistraron os resultados das probas dun total de 35.398 persoas, que permitiu localizar a 464 persoas con resultado positivo.

Galicia exporá ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde que o certificado de vacinación covid-19 permita ser unha excepción de mobilidade. EUROPA PRESS PANTALLAZO
Galicia exporá ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde que o certificado de vacinación covid-19 permita ser unha excepción de mobilidade. EUROPA PRESS PANTALLAZO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta