O 061 atendeu a 80 persoas en 50 accidentes durante o primeiro fin de semana de setembro

A maior parte dos accidentes tiveron lugar en Pontevedra e A Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2021 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

Profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atenderon a 80 persoas implicadas en 50 accidentes de circulación entre as 15,00 horas deste venres e as 23,59 horas deste domingo, cando tivo lugar o primeiro fin de semana de setembro.

En concreto, este domingo foi a xornada na que se rexistraron máis sinistros, un total de 27, segundo detallaron fontes sanitarias. Por provincias, a maior parte dos accidentes de tráfico tiveron lugar en Pontevedra e A Coruña, 23 e 15, respectivamente. Tamén se produciron outro nove incidentes en Ourense e cinco en Lugo.

Así mesmo, durante este fin de semana, a Central de Coordinación do 061 recibiu 70 chamadas en relación con accidentes de tráfico que xeraron 52 asistencias sanitarias a 80 persoas. En canto ao perfil dos feridos atendidos, un 58% foron homes e unhas 42% mulleres. Ademais, o 25% destas persoas tiña entre 15 e 29 anos.

Adicionalmente, os facultativos que atenderon as chamadas na central de coordinación mobilizaron 75 recursos sanitarios. Deste xeito, as ambulancias de soporte vital avanzado prestaron asistencia en cinco accidentes, o helicóptero medicalizado interveu nunha ocasión e as ambulancias de soporte vital básico, en 63. Mentres, os equipos sanitarios que completan a dotación dos vehículos desprazáronse ao lugar para prestar asistencia en seis sinistros.

Así, en 68 casos trasladouse aos feridos aos centros sanitarios correspondentes e en 12 ocasións prestouse asistencia no lugar do incidente. Por provincias, a maior parte dos accidentes de tráfico tiveron lugar en Pontevedra e A Coruña, 23 e 15, respectivamente. Tamén se produciron outro nove incidentes en Ourense e cinco en Lugo.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta