Os casos de Covid baixan de 6.000 pero mantense e sobe a presión hospitalaria

Os hospitais manteñen ingresadas a 201 persoas con Covid, das que 48 están en UCI

Por Europa Press / Redacción | Vigo | 06/09/2021 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid en Galicia, é dicir as persoas que padeden a enfermidade actualmente, caeron por baixo dos 6.000, algo que non ocorría desde o pasado 13 de xullo, e mantense á baixa a tendencia no que respecta a contaxios novos diarios, mentres que sobe lixeiramente a ocupación das Unidades de Coidados Intensivos e nas camas Covid convencionais dos hospitais.

Así, segundo os datos feitos públicos este luns polo Sergas (con información solicitada ata as 18,00 horas do domingo), en Galicia hai 5.848 casos activos de Covid, 268 menos que na xornada anterior, e rexistráronse 194 contaxios novos (fronte aos 206 notificados o domingo).

Os novos casos rexistrados baixaron en todas as áreas, excepto Ferrol e Pontevedra, con lixeiros incrementos, e a área de Lugo, cunha subida máis acusada. Deste xeito, confirmáronse 63 novos contaxios na área de Lugo (18 máis), 44 novos casos na área da Coruña (7 menos), 32 contaxios novos na área de Santiago (9 menos), 20 casos novos na área de Ourense (3 menos), 15 novos contaxios na área de Pontevedra (un máis), 11 contaxios na área de Vigo (15 menos) e 9 contaxios na área de Ferrol (3 máis).

O Sergas tamén informou de que a taxa de positividade das probas PCR (o número de casos detectados por cada 100 test deste tipo) sitúase no 6,48 %, de maneira que volve subir, e a superar o 5 % que a OMS fixa como límite para dar por controlada a pandemia.

Con respecto ao número de persoas que padecen a enfermidade, descendeu en todas as áreas sanitarias. Na área da Coruña hai 1.457 casos activos (59 menos), na área de Lugo hai 1.221 casos (22 menos), na área de Santiago hai 1.047 (85 menos), en Vigo hai 858 casos (51 menos), na área de Ourense hai 586 casos activos (7 menos), na área de Pontevedra son 358 enfermos (13 menos) e na área de Ferrol hai 321 casos (31 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

A pesar de que o número de casos activos de Covid en Galicia segue descendendo, mantense a dificultade para aliviar a presión nos hospitais. De feito, nas últimas horas esa presión subiu lixeiramente.

Sanidade comunicou este luns que hai 48 pacientes en UCI con Covid (dúas máis que hai 24 horas) e outros 153 enfermos en unidades convencionais de hospitalización (dúas máis que a xornada precedente).

En canto á ocupación da UCI, a área sanitaria da Coruña mantén 13 persoas en coidados críticos, na área de Vigo hai 8 enfermos en UCI, Ourense ten 7 pacientes en UCI, Ferrol ten outros 7 pacientes (un máis que hai un día), a área de Pontevedra ten 5 enfermos de Covid en coidados críticos (un máis), a área de Lugo ten 4 persoas en UCI, e as mesmas están en UCI en Santiago.

Unha enfermeira toma unha mostra nun cribado poboacional en Sanxenxo, en setembro de 2021.. ÁREA SANITARIA PONTEVEDRA-O Salnés
Unha enfermeira toma unha mostra nun cribado poboacional en Sanxenxo, en setembro de 2021.. ÁREA SANITARIA PONTEVEDRA-O Salnés | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta