Galicia demanda de novo ao Ministerio que atenda as reivindicacións do norte sobre os ecoesquemas

Pide que se adapten estas axudas ambientais á realidade da cornixa cantábrica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2021 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, presidiu, este luns, a reunión telemática do grupo de traballo galego sobre a Política Agrícola Común (PAC), onde se abordou o plan estratéxico nacional que se define nas negociacións entre o Ministerio de Agricultura e as comunidades.

Así, Galicia valora non perder fondos na futura PAC, pero demanda ao Ministerio que atenda as demandas das comunidades da cornixa cantábrica sobre os ecoesquemas, de forma que se faga efectiva unha maior adaptación destas axudas ambientais á realidade do norte. Galicia que na reunión bilateral co Ministerio de Agricultura aváncese na definición e aplicación de ecoesquemas.

Por outra banda, neste encontro do grupo galego sobre a PAC, constatáronse os avances na negociación con logros "conseguidos grazas ao impulso da Xunta", segundo a Consellería de Medio Rural, como regularizar a superficie da comunidade de dereitos de axuda da PAC e no incremento das achegas asociadas ao vacún de leite.

Esta medida abarca unha importante superficie agrícola en Galicia, dunhas 165.000 hectáreas (para un total, no conxunto de España, de 620.000 hectáreas), e permitirá que Galicia deixe de ter un diferencial negativo de ata 30 puntos porcentuais respecto da media nacional en canto a superficie con dereitos. Así, esta regularización suporá un 30% adicional á superficie que actualmente cobra as axudas da PAC.

En relación coas axudas asociadas, Galicia tamén conseguiu un aumento considerable nas achegas asociadas ao vacún de leite, que para o conxunto do Estado ascenderá a máis de 28 millóns de euros anuais para o novo período. Esta cifra repartirase entre as diferentes autonomías e Galicia verase beneficiada cuns 11,8 millóns anuais de incremento.

Reunión do grupo galego sobre a PAC co conselleiro de Medio Rural, José González. XUNTA
Reunión do grupo galego sobre a PAC co conselleiro de Medio Rural, José González. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta