O alumnado de Educación da USC anuncia protestas ante o protocolo de "presencialidade adaptada"

Consideran que o número de horas presenciais son insuficientes e critican que, mentres hai sectores económicos funcionando con "fluidez", esta se recorte no caso da docencia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2021 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O regreso á actividade presencial nas universidades galegas ameaza con vir cargado de mobilizacións ante a situación de “presencialidade adaptada” que recomendou o ministro Castells xornadas atrás. Cando menos, tal é a tensión que se palpa no estudantado de Educación da USC, que comprende tanto os tres graos da zona norte como as dúas carreiras da zona sur.

Facultade de Ciencias da Educación da USC
Facultade de Ciencias da Educación da USC | Fonte: paxinasgalegas

Os estudantes destas cinco carreiras, entre as que se conta o dobre grao do Campus Norte, veñen de anunciar mobilizacións logo de coñecer o protocolo docente que marcará o ritmo do curso vindeiro. O alumnado protesta pola “escasa docencia presencial” desta solución, xa que, de acordo coas mesmas fontes, tan só contemplaría unha clase de hora e media por materia cada tres semanas.

As asembleas de estudantes de Educación veñen de emitir un escrito no que cualifican de “anacrónico” o protocolo deste 2021/22, e trátano como máis propio do curso anterior. Neste aspecto, aseguran que a situación sociosanitaria é distinta agora que “máis de tres cuartos da poboación galega está xa vacinada coa pauta completa”, aínda cando se deu o caso de estudos recentes que retratar un efecto moito máis moderado das vacinas sobre a variante Delta.

“Alén disto, continúan o estudantes, “moitos sectores produtivos, non esenciais aínda que si rentables economicamente, operan con total fluidez a ritmos pre-pandemia dende hai meses, chegando a haber casos que poderían ser considerados imprudentes a todas luces. Porén, o foco social segue maltratando outras labores tan necesarias de calidade e atención como a educación”. 

RECOLLIDA DE SINATURAS

De aí que anuncien un comezo do curso cargado de mobilizacións, que comezará  cunha recollida de sinaturas “para dar conta do apoio co que conta a protesta”, pero sen descartar levar a cabo accións “maiores para facer visible o descontento xeral e exixir un protocolo que poña en valor a calidade educativa”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta