A quinta onda comeza a ser historia en Galicia

Continúa o descenso nos contaxios diarios que baixan ata os 5.556 casos activos. Os pacientes en UCI baixan a 46, dous menos, e os ingresados en planta son 144, nove menos.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 07/09/2021 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

Os datos feitos públicos este martes pola Consellería de Sanidade confirman a tendencia á baixa no número de novos contaxios diarios de Covid en Galicia, que se sitúan en 156, cando hai xusto un mes, o 7 de agosto, o número de casos novos confirmados era de máis de mil, e seguen descendendo tamén os casos activos da enfermidade.

Así, segundo a información notificada polo Sergas (con datos solicitados ata as 18,00 horas do luns), nas últimas horas confirmáronse 156 novos contagios por este coronavirus, o que supón 38 casos menos que os notificados a xornada anterior.

Por áreas, as novas infeccións descenden en todas, excepto A Coruña, Vigo e Santiago, que rexistran lixeiros incrementos. Deste xeito, na área sanitaria coruñesa detectáronse 48 novos contaxios (4 máis que hai 24 horas), en Santiago hai 35 casos novos (3 máis), e na área de Vigo notificáronse 20 contaxios (9 máis).

En cambio, a área de Lugo rexistrou 25 contaxios, que son 38 menos que hai un día; na área de Ourense notificáronse 16 novos contaxios (4 menos); na área sanitaria de Pontevedra foron 8 casos novos (7 menos); e na área de Ferrol rexistráronse 4 contaxios novos (5 menos que hai un día).

No balance deste martes, Sanidade informa de que Galicia conta con 5.556 persoas coa infección por Covid activa, o que supón 292 casos menos que os notificados o luns. Por áreas, o maior número de enfermos está na da Coruña, con 1.400 casos (57 menos), seguida por Lugo, con 1.140 casos (81 menos); na área de Santiago hai 1.020 casos activos (27 menos), na área de Vigo son 820 casos (38 menos), na de Ourense hai 557 casos (29 menos), en Pontevedra hai 327 infeccións activas (31 menos) e na área de Ferrol hai 292 casos (29 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

No que respecta á presión hospitalaria, nas últimas 24 horas non se produciron cambios substanciais, aínda que baixaron lixeiramente as cifras de camas ocupadas, tanto en UCI como en 'planta'.

Así, mentres que hai 144 enfermos en unidades convencionais de hospitalización (9 menos que hai un día), hai outros 46 pacientes en unidades de coidados críticos (dous menos): 13 na área da Coruña, 8 na área de Ourense, 6 na área de Vigo e os mesmos na área de Ferrol, 5 pacientes en UCI na área de Pontevedra, 4 en Lugo e outros tantos na área de Santiago.

Cribado convocado para 2 e 3 de setembro de 2021 na sala nauta de Sanxenxo (Pontevedra) en busca de casos asintomáticos de Covid-19.. SERGAS
Cribado convocado para 2 e 3 de setembro de 2021 na sala nauta de Sanxenxo (Pontevedra) en busca de casos asintomáticos de Covid-19.. SERGAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta