Editan en galego un libro de historias dos Rolling Stones e outro dos Beatles para os máis cativos

A colección "Little Neno descobre a..." pretende fomentar a cultura musical na nosa lingua para nenos de entre 2 e 12 anos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/09/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A Reixa vén de convertese en editora para sacar a tradución dos dous primeiros títulos da colección "Little Neno descobre a...", editada en castelán por Bang Ediciones e que até o de agora conta tamén cos títulos sobre David Bowie, Aretha Franklin e Elvis Presley. Coa tradución ao galego das aventuras de Little Neno, Reixa editorial pretende fomentar a

Os dous primeiros libros da colección 'Little Neno descobre a...' de Reixa Editorial
Os dous primeiros libros da colección 'Little Neno descobre a...' de Reixa Editorial | Fonte: remitida

lingua, así como a cultura musical dos máis cativos "de xeito ameno e divertido".

Trátase de dúas historias orixinais, adaptadas á rapazada de entre 2 e 12 anos que as

mergullarán por primeira vez "no mundo poético e cheo de imaxinación da música e letras

das dúas bandas máis lendarias dos anos 60 británicas".

Coa lectura destes libros, sinalan dende a editorial,  poderán tamén compartir "cos máis pequenos da casa" os gustos pola música dos Beatles e dos Rolling Stones e converterase tamén nunha oportunidade para "escoitar de novo os vellos vinilos cos vosos fillos". Os libros ofrecen, ademais, unha sección onde se poden descubrir máis datos curiosos sobre as dúas bandas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta