A pegada da pandemia: Galicia aumenta en falecidos con respecto a 2020

Ata o mes de agosto morreron 166 persoas máis, cifra que supón un incremento do 0'77% con respecto ao primeiro ano da covid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2021 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

A cifra de persoas falecidas nas 34 primeiras semanas de 2021, ata agosto, aumentaron en Galicia un 0,77% respecto ao mesmo período de 2020, con 166 persoas máis, segundo os datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

En total, foron 21.643 os falecementos, fronte aos 21.477 do ano anterior no mesmo período, ambos os dous marcados polo contexto de pandemia. Mentres, en 2019, esta cifra situouse en 20.582.

Por sexos, 11.016 dos mortos contabilizados foron homes e 10.627 mulleres. Por idades, 6.369 corresponden ao tramo de máis de 90 anos e outros 4.873 ao de 85 a 89 anos. De 80 a 84 anos, hai 3.033, mentres que de 75 a 79 anos son 2.210 e de 70 a 74 anos, 1.516. De 65 a 69 anos, houbo 1.152 falecidos.

Por provincias, rexístranse descensos en todas, menos no caso da da Coruña onde se produce un aumento do 8,92%, cun total de 9.154 falecidos. No caso de Lugo, son 3.256 os falecementos, un descenso do 3,37%; en Ourense, 3.069, unha diminución do 7,26% e en Pontevedra, de 6.164, cun descenso do 3,60%.

Estes datos recóllense no proxecto EDeS, que expón o estudo das defuncións semanais ocorridas durante a pandemia de COVID-19 e a súa comparación cos datos históricos de defuncións desde o ano 2000. Trátase dunha análise con datos estimados.

Profesional sanitario ante unha residencia.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Profesional sanitario ante unha residencia.. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta