Feijóo fixa unha data para que o 100% da poboación estea inmunizada: o 19 de setembro

Este sábado haberá vacina sen cita previa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2021 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fixou o 19 de setembro como data para que o 100 por cen da poboación diana de Galicia estea inmunizada con algunha das doses das vacinas dispoñibles.

Ademais, avanzou que o vindeiro sábado, o Sergas abrirá os grandes centros de vacinación á poboación en xeral para que aquelas persoas que non estean vacinadas poidan facelo "sen cita previa".

Do mesmo xeito, adiantou que, co inicio do curso universitarios, habilitaranse puntos de vacinación nos campus galegos para administrar as doses.

Feijóo informou de que, actualmente, o 92,5 por cento da galegos poboación diana ten unha dose, mentres que a previsión é que o 86 por cento dos cidadáns a inmunizar contarán coa pauta completa ao finalizar a xornada deste xoves.

Un grupo de menores esperan a ser vacinados da primeira dose da vacina Moderna. César Arxina - Europa Press
Un grupo de menores esperan a ser vacinados da primeira dose da vacina Moderna. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta