Profesionais de Atención Primaria da área da Coruña-Cee convocan protestas pola "deterioración" do servizo

As protestas terán lugar todos os xoves ante os centros de saúde e os Puntos de Atención Continuada.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/09/2021 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

A Comisión de Centro de Atención Primaria da área sanitaria da Coruña-Cee convocaron este xoves, día 9, concentracións en centros de saúde de Carballo e A Coruña para denunciar a "deterioración" deste servizo. No caso de Carballo, será unha concentración ante o centro de saúde, ás 12,00 horas. A mobilización repetirase ás 18,00 horas na Coruña, no centro de saúde de Matogrande.

Segundo informa, as protestas terán lugar todos os xoves ante centros de saúde e Puntos de Atención Continuada (PAC) para denunciar as "consultas saturadas, pacientes con longas lista de espera de primeira cita e profesionais desbordados".

Entre outras cuestións, denuncian un incremento da xornada laboral por este motivo e cuestionan a actuación da xerencia, á que reprochan "non mostrar preocupación pola situación actual".

Consulta nun centro de atención primaria do Sergas
Consulta nun centro de atención primaria do Sergas | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta