O BNG acusa á Feijóo de utilizar a pandemia para "recortar dereitos" na sanidade pública

Pide rectificar os recortes sanitarios e prop´pon recuperar a presencialidade.

Por Galicia Confidencial | Carballo | 09/09/2021 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu este xoves á Xunta de Galicia que rectifique os recortes en materia de Sanidade, ante o que cualifica "un atentado contra o dereito á saúde".

Pontón trasladou en Carballo (A Coruña) o seu apoio ás protestas que realizan traballadores da Atención Primaria, xa que neste municipio, dixo, "hai que esperar até 20 días para asistir a un médico de cabeceira". "Isto é unha deterioración e un colapso que non ten precedentes", remarcou Pontón, que propuxo destinar 200 millóns de euros máis para reformar a Atención Primaria.

Tamén apostou por recuperar a presencialidade como antes da pandemia. "Non podemos permitir que se queira usar unha pandemia para recortar o dereito á sanidade pública", esgrimiu.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón | Fonte: BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 El Ciz

É continuo o ataque por todos os frentes, chamo tamén ataque á pasividade das forzas españolista. Non fai falla artellar unha grande ofensiva de iniciativas políticas para defendermos que é do que se trata, a propia realidade fábrica a táctica do bng, o bng só lle pon título e a formaliza públicamente