Migrañas, a dor silenciosa: o 40% dos pacientes segue sen diagnosticar

Unha de cada dez persoas sofre esta cefalea, considerada en moitos casos como fonte de discapacidade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2021 | Actualizada ás 21:50

Comparte esta noticia

Este vindeiro domingo 12 de setembro conmemórase o Día Europeo de Acción contra a Migraña, un trastorno crónico que constitúe a terceira enfermidade máis espallada no mundo e primeira causa de discapacidade en adultos menores de 50 anos. Segundo datos da Sociedade Española de Neuroloxía, a migraña é unha das cefaleas primarias máis habituais: en España padécena ao redor de 5 millóns de persoas, dos cales 1,5 millóns a sofren na súa forma crónica, é dicir, que experimentan dor de cabeza máis de 15 días ao mes.

Migraña, dor de cabeza, cefalea
Migraña, dor de cabeza, cefalea | Fonte: Pexels-Keira Burton

A migraña carrexa, como problemática, unha “elevada” discapacidade a ollos da SEN  “non é recoñecida de maneira suficiente e que empeora significativamente a calidade de vida”. A migraña afecta a persoas de todo tipo de idades e xéneros, aínda que na súa maioría, sen mulleres (80% dos casos, aproximadamente), de mediana idade (20 – 50 anos), unha etapa vital desde o punto de vista laboral e familiar.

Entre os síntomas desta patoloxía están a cefalea --dor de cabeza--, malestar xeral, intolerancia á luz, cheiros ou sons; circunstancias todas que “producen unha importante limitación na actividade diaria de quen as sofre, obrigando a reducila en máis do 50% das ocasións e precisando de repouso en cama ata no 20-30% dos casos”. “Por tanto”, incide o doutor Pablo Irima, Coordinador do Grupo de Estudos de Cefaleas da SEN, “trátase dunha enfermidade cuxas crise de dor de cabeza provocan un gran impacto no paciente, tanto en aspectos físicos, emocionais e sociais, como coa familia, traballo e relacións sociais e mesmo poderían determinar limitacións na educación ou no desenvolvemento profesional polo seu inicio precoz, en moitos casos na infancia ou a adolescencia”.

Non é de estrañar, por tanto, que a migraña sexa o motivo neurolóxico de consulta máis frecuente no Estado. Pero, a pesar de que máis do 80% dos pacientes con migraña sofre algún grao de discapacidade, máis dun 40% das persoas que padecen migraña no territorio están aínda sen diagnosticar, e polo menos un 25% dos pacientes non consultou nunca a súa doenza co médico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta