A Xunta activa un novo paquete de axudas ao turismo de 15,8 millóns de euros

O programa está orientado a axencias de viaxes, establecementos hostaleiros e concellos pequenos.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 09/09/2021 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

A Xunta activou un novo paquete de axudas económicas ao sector turístico dotado cun orzamento de 15,8 millóns de euros dos que poderán beneficiarse axencias de viaxes, establecementos hostaleiros e concellos de menos de 10.000 habitantes.

O programa recibiu luz verde por parte do Goberno galego na reunión do Consello celebrado este xoves. O encargado de trasladar os acordos adoptados foi o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, que sinalou que o plan de axudas busca "dotar de liquidez ao sistema" e "impulsar a renovación" do sector.

O paquete de apoios económicos divídese en tres partes, tantas como colectivos beneficiarios das axudas. A maior parte dos 15,8 millóns de euros de presuposto irán parar aos establecementos de hostalaría, que disporán de dúas liñas dotadas cada unha de 6 millóns de euros para renovar as súas instalacións e adaptar o seu negocio ás esixencias actuais.

Pola súa banda, para as axencias de viaxe resérvanse 350.000 euros, mentres que os concellos poderán optar a 3,5 millóns de euros en apoios ao desenvolvemento de novas ofertas turísticas.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, encabeza a reunión do Consello do 09 de setembro. DAVID CABEZÓN // XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, encabeza a reunión do Consello do 09 de setembro. DAVID CABEZÓN // XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta