Feijóo fala de "deixar a demagoxia" sobre Ence por estar "en xogo miles de familias"

"Non podemos dicirlles ás familias que queden sen traballar", manifestou o presidente da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2021 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apelou a "deixar a demagoxia" sobre a situación de Ence posto que está "en xogo" o futuro de "miles de familias" que dependen de que a pasteira continúe en Galicia.

A preguntas dos medios este xoves na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Núñez Feijóo expresou que ao seu goberno "non gusta" o emprazamento que ocupa Ence na ría de Pontevedra, pero entende que "non pode pechar" a única pasteira que hai en Galicia.

"Non podemos dicirlles ás familias que queden sen traballar", manifestou o presidente, que apelou a aparcar a "demagoxia" sobre o futuro da pasteira despois do fallo que anula a prórroga concedida no ano 2016 para que continuase en Lourizán durante as próximas décadas.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo,DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo,DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta