Case 80% de toda a poboación galega está xa inmunizada contra a Covid

Máis de 2.130.000 galegos están inmunizados contra a covid, 1.191 persoas máis nas últimas 24 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2021 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

Un total de 1.191 persoas completaron a pauta contra a covid nas últimas 24 horas, co que son 2.130.492 os galegos que están inmunizados. Isto representa un 86,79% da poboación diana e un 78,90% da xeral.

Segundo o rexistro actualizado pola Consellería de Sanidade este venres (con datos solicitados ata o peche da xornada de vacinación do xoves), o Sergas administrou outras 2.421 vacinas contra a covid-19 nun día, das cales a gran maioría estiveron destinadas a completar pautas. Así, ata este venres, a Comunidade galega recibiu 4.336.979 doses, das que innoculou 4.200.718, é dicir, o 96,85%.

Por grupos de idade, un total de 1.653.182 galegos de máis de 40 anos recibiron polo menos unha picada. Son 222 persoas máis que hai 24 horas e a porcentaxe de cobertura neste grupo de idade supera xa o 96,1%.

No grupo de 30 a 39 anos, vacináronse 264.482 pacientes (+163 no último día), un 81,8%. Outros 193.749 mozos de entre 20 e 29 anos tamén recibiron, como mínimo, a primeira inxección (+603), o que representa o 83,94% da poboación diana nesta franxa. Entre os máis pequenos, no grupo de entre 10 e 19 anos, foron vacinados 165.992 mozos e mozas (+620).

VULNERABILIDADE E PROBABILIDADE DE EXPOSICIÓN

Ademais, por vulnerabilidade, un total de 60.012 persoas recibiron a primeira dose da vacina, mentres 59.533 completaron xa a pauta contra a covid-19. Por probabilidade de exposición, outros 145.301 galegos contan coa primeira picada e 143.985 están xa inmunizados.

En total, 2.277.405 galegos recibiron polo menos unha dose da vacina contra a covid, o que representa un 92,7% da poboación diana e un 84,34% da xeral.

Fila de pacientes que esperan tras recibir a primeira dose da vacina AstraZeneca no recinto de Expourense, a 6 de abril de 2021. Rosa Veiga - Europa Press
Fila de pacientes que esperan tras recibir a primeira dose da vacina AstraZeneca no recinto de Expourense, a 6 de abril de 2021. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta