O PSdeG reclama a elaboración dun plan de prevención do suicidio "dotado con recursos suficientes"

A deputada socialista Marina Ortega puxo o foco na carencia dun plan de prevención de suicidios a pesar de observarse "unha predisposición do suicidio a nivel global ascendente", así como que este supuxese a causa do falecemento de 292 persoas en Galicia en 2019.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2021 | Actualizada ás 16:02

Comparte esta noticia

O PSdeG reclamou á Xunta a elaboración dun plan de prevención do suicidio "dotado con recursos suficientes" para a súa posta en práctica. Con motivo do Día Mundial da Prevención do Suicidio, a portavoz socialista de Política Social, Marina Ortega, rexistrou unha serie de iniciativas sobre este tema no Parlamento de Galicia e demandou a presentación dun informe anual sobre a situación, segundo trasladou o PSdeG.

Neste sentido, Ortega urxiu a elaboración dun plan de acción que permita detectar de modo precoz condutas suicidas ante uns datos "preocupantes" e recalcou a importancia de "abordar canto antes os novos retos que xorden" sobre este asunto.

Ademais, puxo o foco na carencia dun plan de prevención de suicidios a pesar de observarse "unha predisposición do suicidio a nivel global ascendente", así como que este supuxese a causa do falecemento de 292 persoas en Galicia en 2019.

A deputada autonómica tamén incidiu en que o plan de prevención publicado en 2017 non foi implementado debido a que "naceu cun gran defecto", a "escaseza orzamentaria". Así as cousas, defendeu a necesidade de "incrementar esforzos" na prevención do suicidio.

Para iso, apostou por "marcar liñas estratéxicas multidisciplinares" e colaborar con colexios profesionais e entidades sociais de saúde mental, así como por complementar as políticas contra o suicidio "cun plan integral potente e dotado con recursos suficientes".

Pleno do Parlamento galego. PARLAMENTO
Pleno do Parlamento galego. PARLAMENTO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta