O Goberno cifra a transferencia extraordinaria á Xunta en 828 millóns de euros desde este venres

O delegado do Goberno subliña que esta transferencia, "está á marxe do sistema de financiamento" e engade que o Goberno a realiza "co obxectivo de que o Estado central asuma unha parte importante do déficit autonómico".

Por E.P. | A CORUÑA | 10/09/2021 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reivindicou o "cumprimento" do Executivo con Galicia para "o apoio" á prestación de servizos públicos, "garantindo unha transferenciaextraordinaria de 828 millóns de euros, que hoxe comeza a abonar".

Así o informa nun comunicado no que explica que nesta xornada o Ministerio de Facenda e Función Pública transferiu á Xunta 580 millóns de euros, o 70% dos 828 millóns que corresponden a Galicia do Fondo Extraordinario aprobado no último Consello de Política Fiscal e Financeira.

Ademais, subliña que esta transferencia, "está á marxe do sistema de financiamento" e engade que o Goberno a realiza "co obxectivo de que o Estado central asuma unha parte importante do déficit autonómico".

O delegado do Goberno explica que a entrega que se efectúa este venres completarase o próximo mes de novembro, cando Galicia recibirá o 30% restante do fondo acordado, un total de 249 millóns.

O xefe superior de Policía de Galicia, José Luís Balseiro; e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, ofrecen unha rolda de prensa sobre o crime de Samuel. M. Dylan - Europa Press
O xefe superior de Policía de Galicia, José Luís Balseiro; e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, ofrecen unha rolda de prensa sobre o crime de Samuel. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta