A Xunta dispón de unidades de atención a persoas en risco de suicidio en todas as áreas menos en Santiago

Apunta que este distrito sanitario "conta cun circuíto de derivación rápido".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2021 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

A Xunta dispón de seis unidades de atención a persoas en risco de sucidio, postas en marcha ao amparo do plan galego de saúde mental para o período 2020-2024 e establecidas en cada unha das áreas sanitarias salvo na de Santiago-Barbanza. A Consellería de Sanidade repasa nun comunicado estes recursos con motivo do Día Mundial para a Prevención do Suicido, que se celebra este venres 10 de setembro.

Neste sentido, a Administración autonómica sinala que as unidades de atención contan cun equipo de profesionais das áreas de psicoloxía, psiquiatría e enfermaría. Estas unidades repártense polas áreas sanitarias da Coruña, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ferrol, que se sumaron á pioneira do distrito de Ourense. Deste xeito, a área de Santiago-Barbanza é a única área sanitaria que carece dunha unidade específica de atención a persoas en risco de suicidio.

No comunicado, a Xunta apunta que este distrito sanitario "conta cun circuíto de derivación rápido, cuxos prazos máximos para a atención urxente son de cinco días".
Neste sentido, a Consellería de Sanidade sinala que "se avaliará" a posibilidade de establecer "melloras organizativas" para a creación da sétima unidade de atención ás condutas suicidas para que cada unha das áreas nas que se divide o sistema sanitario galego conte con este servizo específico.

Suicidio.. GRUPO REI ARDID - Arquivo
Suicidio.. GRUPO REI ARDID - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta