Endesa comprométese a "estudar" se pode garantir máis aló do mes de outubro o emprego na térmica das Pontes

A empresa dará unha resposta "entre o luns e o martes" da próxima semana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2021 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

A empresa Endesa comprometeuse a "estudar e analizar", e dar unha resposta "entre o luns e martes da próxima semana", sobre a posible continuidade máis aló do mes de outubro tanto dos traballadores da empresa principal como das auxiliares que desenvolven o seu labor na central térmica que ten no municipio das Pontes de García Rodríguez.

Así o explicou, en declaracións a Europa Press, Alberte Amado, responsable do sindicato CIG nas Pontes, tras finalizar un encontro celebrado na tarde deste venres, 10 de setembro, en Santiago, na sede da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía.

Neste encontro participou o vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde; o director de Relacións Institucionais e Regulación de Endesa, José Casas; e os integrantes do Comité de crise, formado por representantes sindicais, transportistas, Concello das Pontes, comerciantes e empresarios da localidade.

A empresa multinacional eléctrica trasladou que o proceso administrativo de peche "aínda está pendente de varios informes", segundo indica Amado. Por iso, os sindicatos reclamáronlle "a recuperación da actividade da industria auxiliar para a paralización dos ERE extintivos e despedimentos".

Aínda que Endesa mostrou un compromiso co emprego "ata outubro", "ao estimar que a partir dese mes xa estarían concretados os prazos", os sindicatos rexeitaron esta medida para que vaia máis aló. "Pedimos un esforzo a Endesa, que agora se comprometeu a analizar e comunicar a principios da próxima semana", indicou o sindicalista da CIG.

Traballadores da industria auxiliar e delegados sindicais celebran unha protesta ante Endesa. CCOO
Traballadores da industria auxiliar e delegados sindicais celebran unha protesta ante Endesa. CCOO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta