Falecen catro persoas con Covid-19, dous deles en residencias

Os catro falecidos presentaban patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2021 | Actualizada ás 21:07

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou catro mortes con coronavirus en Galicia nas últimas horas. Deste xeito, o total de vítimas desde o inicio da pandemia sitúase en 2.602.

Estas catro persoas presentaban patoloxías previas. Dous deles morreron en residencias: un home 88 anos --nas Gándaras de Lugo-- e un home de 81 anos --na DomusVi de Monforte--.

Así mesmo, nas últimas horas produciuse a defunción dun home de 90 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e dunha muller de 72 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Unha muller pasea unha anciá en cadeira de rodas, nas inmediacións da residencia xeriátrica das Gándaras, en Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press
Unha muller pasea unha anciá en cadeira de rodas, nas inmediacións da residencia xeriátrica das Gándaras, en Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta