Uns 7.000 galegos acoden a vacinarse na primeira xornada sen cita previa

Outros 3.000 si contaban con ela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2021 | Actualizada ás 21:33

Comparte esta noticia

Preto de 10.000 galegos vacináronse este sábado nunha quincena de espazos habilitados nas áreas sanitarias, onde acudiron uns 7.000 deles sen cita previa. Disto informou a Consellería de Sanidade con datos ata as 18,00 horas, aínda sen pechar o cómputo global, xa que se vacinou nesta xornada de sábado ata as 21,00 horas.

Así, Expocoruña é o recinto no que máis persoas se vacinou sen cita (1.916). Séguelle: o Ifevi de Vigo (1.486), a Cidade da Cultura de Santiago (646), Expourense (595), o Recinto Feiral de Pontevedra (551) e o Hospital Lucus Augusti (467).

A posibilidade de vacinarse sen cita previa pretende reducir o número de galegos aínda sen inmunizar, ao redor de 200.000. Ademais, os días 13 e 14 de setembro habilitaranse puntos de vacinación para a comunidade universitaria nas sete cidades.

Vacinación de menores de 30 anos na Cidade da Cultura / Europa Press.  / Europa Press
Vacinación de menores de 30 anos na Cidade da Cultura / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta