GC Aberto

A xustiza non é igual para todos

Dende a miña percepción e penso que tamén de boa parte da sociedade , a xustiza non é igual para todos.

Por admin | A Coruña | 12/09/2021

Comparte esta noticia
Que a xustiza non é igual para todos é unha verdade atemporal, universal e tamén incómoda para moitos.

Fachada e entrada ao edificio do Tribunal Constitucional de España
Fachada e entrada ao edificio do Tribunal Constitucional de España | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
 

A xustiza non é igual para todos, non solo porque este politizada, que tamén, senón sobre todo porque a xustiza é clasista e diferencia entre clases sociais cando da o seu veredicto.

 

Exemplos hai para encher un petroleiro, pero co exemplo do emérito por esta vez me quedo.

 

Temos unha xudicatura que está tomada polos conservadores dende o franquismo, que é maioritariamente de dereitas.

 

Entre outras cousas porque a carreira de xuíz é longa e cara, e difícilmente os fillos dos obreiros poden intentar ser a excepción que confirma a regla.

 

Por eso permitir no Estado español que os xuíces se elixan entre eles sería agudizar aínda máis o problema e pechar o círculo para que os poderes facticos controlen para sempre e por completo a xustiza.

 

O problema solo pódese solucionar cunha vontade real de democratizar a xustiza, e permitindo que as fillas e fillos da clase traballadora ocupen na parte que lles pertence, por xustiza, postos de responsabilidade na xudicatura.

 

Ata entón a xustiza estará en entretido e uns a sufriremos máis que outros.

 

 

André Abeledo Fernández

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Por este camiño non imos moi lonxe. O que deberas pedirlle á Xustiza é que fose xusta ! Do contrario teríamos que reivindicar xuíces e xuízas: negros, xitanos, pobres... así representarían a tódalas clases e estamentos sociais... ? Pero ás veces e mellor un mal acordo que un bo pleito ! Disque os xitanos botan unha "maldición" : Que teñas pleitos, e os gañes ! Igual así pasaremos a vida pagando avogados e procuradores e psiquiatras para ao final morrer sen un can... e sobre todo sen Xustiza !