A Xunta, "preocupada" polo plan do Goberno para retirar o amianto de Galicia

Aseguran que os prazos achegados polo Goberno Central son insuficientes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2021 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia cualificou como "inabordables" os criterios, obrigacións e prazos para os concellos galegos que demanda o proxecto de Lei Básica estatal sobre residuos perigosos e chans contaminados. En concreto, a lei obriga aos municipios a contar cun sistema de recollida selectiva daqueles residuos domésticos considerados perigosos antes do 31 de decembro de 2024 co obxectivo de que "non contaminen outros fluxos de competencia municipal".

Así, o Goberno autonómico asegura nun comunicado que advertiu á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) sobre as condicións deste proxecto de lei a través dunha carta da directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, remitida ao presidente da Fegamp, Alberto Varela. A este respecto, a Consellería propuxo elaborar un plan de acción mediante o cal sexan os produtores os que asuman os custos derivados desta nova obrigación.

RETIRADA DE AMIANTO

Doutra banda, o Goberno galego mostrouse "preocupado" pola disposición que advirte de que, antes do 1 de xaneiro de 2023, os concellos deben elaborar un censo público no que figuren todos os emprazamentos con amianto, así como un calendario para a súa retirada. Deste xeito, a Consellería considera que cumprir ambas as condicións dentro do período de tempo establecido pola norma suporá "dificultades", tanto polos custos como polos "retos técnicos e materiais" e diríxese á Fegamp para que "valore" estes argumentos.

Labores de desamianto após a explosión pirotécnica en Tui
Labores de desamianto após a explosión pirotécnica en Tui | Fonte: Concello de Tui

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta