Galicia volve a cifras do inicio do verán, aínda que sobe a presión hospitalaria

A cifra de persoas con Covid descende ata 3.466, das que 42 están en UCI e 116 ingresadas en planta.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 13/09/2021 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

O número de contaxios diarios de Covid-19 en Galicia descendeu nas últimas horas por baixo do centenar, algo que non ocorría desde o pasado 23 de xuño, e segue baixando a cifra de persoas enfermas na comunidade, ata 3.466, aínda que esa baixada non se traduce nunha menor ocupación hospitalaria, xa que mesmo ascende lixeiramente o número de pacientes ingresados.

Así, segundo os datos feitos públicos este luns polo Sergas (con información solicitada ata as 18,00 horas do domingo), nas últimas 24 horas se han rexistrados 89 novos contaxios de Covid, o que supón 57 casos menos que os notificados na xornada anterior, e os novos contaxios redúcense en todas as áreas sanitarias, salvo a de Lugo (que dobra o número de novos casos) e a de Ferrol (que se mantén).

Deste xeito, a área sanitaria de Lugo detectou nas últimas horas 27 novos contaxios (13 máis), na área da Coruña rexistráronse outros 21 contagios (19 menos), na área de Santiago rexistráronse 18 novos casos (25 menos), na área de Vigo son 10 os casos novos (17 menos que hai un día), na área de Ourense confirmáronse 8 contaxios (un menos), na área de Pontevedra hai 3 casos novos (19 menos), e na área de Ferrol notificáronse 2 casos novos (igual que o día anterior).

Con respecto ao número de persoas que padecen Covid en Galicia, os casos activos da infección sitúanse en 3.466 persoas, 288 menos que na xornada precedente, e descenderon en todas as áreas sanitarias.

A da Coruña segue á cabeza en número de enfermos, con 939 casos (66 menos), seguida pola área de Lugo, con 667 casos (60 menos). Na área sanitaria de Santiago hai 600 enfermos (40 menos), na área de Vigo hai 509 casos (66 menos), na área de Ourense hai 367 casos activos (24 menos), na área de Pontevedra hai 224 enfermos de Covid (24 menos) e na área de Ferrol hai 160 casos (8 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á ocupación de camas en hospitais galegos, esa presión incrementouse lixeiramente, a pesar da tendencia á baixa na evolución dos contaxios e das altas epidemiolóxicas. O último balance do Sergas arroxa unha cifra de 42 persoas en UCI (dúas máis que o día anterior) e 116 en unidades convencionais de hospitalización (7 máis).

A área da Coruña ten o maior número de pacientes en coidados críticos, 12 persoas; seguida por Vigo, con 8 pacientes (un máis), e a área de Ourense, tamén con 8 persoas na UCI. Na área sanitaria de Ferrol hai 5 enfermos de Covid en UCI, na área de Pontevedra hai 4 persoas, na área de Lugo son 3 os pacientes en coidados críticos e na área de Santiago subiron de 1 a 2.

Mozos acoden a un dispositivo de cribado masivo para persoas de entre 16 e 35 anos en Expourense, a 10 de xullo de 202 / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press
Mozos acoden a un dispositivo de cribado masivo para persoas de entre 16 e 35 anos en Expourense, a 10 de xullo de 202 / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta