Dous traballadores hospitalizados tas accidentarse en dous sinistros diferentes

Un quedou atrapado nunha gabia por un desprendemento de terra en Brión e o outro caeu dun tellado en Santiago.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2021 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

Un operario que quedou atrapado nunha gabia por un desprendemento de terra ocasionado pola maquinaria que manexaba en Brión foi trasladado ao hospital.

O 112 Galicia foi alertado do incidente sobre as 12,00 horas deste luns por un particular, tras o que mobilizou ao persoal sanitario, á Garda Civil, á Policía Local, aos Bombeiros de Santa Comba e ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Brión.

Unha vez no lugar, a patrulla da Policía Local indicou ao 112 que a persoa ferida xa non estaba atrapada. Ademais, os membros do GES de Brión informaron de que fora trasladada ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).

Un traballador sanitario totalmente protexido nunha ambulancia
Un traballador sanitario totalmente protexido nunha ambulancia | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo.

CAÍDA DESDE UN TELLADO

Por outra banda, un traballador resultou ferido de consideración tras precipitarse desde un tellado, en Vía da Cierva, no Polígono do Tambre de Santiago.

Tras ser alertado por unha testemuña dos feitos ás 11,00 horas deste luns, o 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do equipo sanitario, a Policía Nacional e Local da cidade e os membros de Protección Civil da localidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta