Cruz Vermella impulsa un programa para axudar ás persoas maiores no uso da tecnoloxía

No proxecto participarán medio millar de galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2021 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

Cruz Vermella impulsa, en colaboración coa compañía telefónica R e da Xunta de Galicia, o programa 'Enredando Tour R', que servirá para axudar ás persoas maiores no uso da tecnoloxía. Así o explicou, durante a súa presentación, a presidenta autonómica de Cruz Vermella, Carmen Colmeiro, que estivo acompañada pola conselleira de Política Social, Fabiola García, a concelleira de Igualdade e Benestar Social do Concello da Coruña, Yoya Neira; do director de empresas de R, Isidro Fernández da Rúa, e a responsable do proxecto, Trindade Lorenzo.

A actividade comezou na Coruña e desprazarase a outras dez localidades galegas máis: Cerceda, Viveiro, Sarria, Monforte, Carballiño, Verín, Barco de Valdeorras, Lalín, Ponteareas e A Guarda. A iniciativa realízase ao aire libre, durante 45 minutos e con varios talleres en paralelo. Ademais a través da súa web as persoas que o necesiten poden solicitar axuda en cuestións relacionadas coa tecnoloxía.

ACTIVIDADES DO DÍA A DÍA

A conselleira de Política Social, Fabiola García, mostrou a súa satisfacción por este proxecto, do que se beneficiarán medio milleiro de galegos. Tamén considerou "necesario" que as persoas maiores se formen no uso do teléfono móbil e do computador para "as actividades do día a día".

Mediante este programa, os seus usuarios poderán aprender nestes talleres cuestións relacionadas coa comunicación como o whatsapp ou as videochamadas para falar coa súa familia; aspectos lúdicos como a navegación por Internet ou trámites importantes como o manexo da banca electrónica e o uso da aplicación do Sergas.

Presentación do programa 'Enredando Tour R', para persoas maiores e o uso das novas tecnoloxías. CRUZ VERMELLA
Presentación do programa 'Enredando Tour R', para persoas maiores e o uso das novas tecnoloxías. CRUZ VERMELLA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta