Viches a esta muller?... É de Ferrol, ten 52 anos e permanece desaparecida desde este luns

A muller portaba un chaquetón granate e un bolso negro. Ademais, mide 1,63 metros e ten o pelo negro

Por Europa Press / Redacción | Cobas (Ferrol) | 14/09/2021 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Unha muller de 52 anos, veciña do barrio de Santa Mariña, en Ferrol, permanece desaparecida desde este luns, 13 de setembro, segundo alertou a Asociación SOS desaparecidos.

No momento da desaparición, a muller portaba un chaquetón granate e un bolso negro. Ademais, mide 1,63 metros e ten o pelo negro.

Se algunha persoa pode ofrecer algún dato sobre o seu paradoiro, pódeo comunicar á Policía Nacional, Policía Local ou a Garda Civil, ademais de mediante a entidade SOS Desaparecidos.

Adicionalmente, pódese achegar información sobre o paradoiro desta muller a través da dirección de correo electrónico info@sosdesaparecidos.es

Imaxe da muller desaparecida. SOS DESAPARECIDOS
Imaxe da muller desaparecida. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta