Sobe o prezo das cousas un 4%, pero a economía segue sen recuperarse

O IPC mantén a escalada en agosto en Galicia e aumenta un 3,9%, por encima da media

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 14/09/2021 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) mantivo a escalada en agosto en Galicia e aumentou un 3,9% en relación ao mesmo mes do ano anterior, por encima da media estatal, segundo os datos publicados este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Ademais, o IPC presentou un incremento en relación ao mes anterior (+0,6%) e no acumulado deste ano (2,5%), o que mantén a tendencia á alza do índice.

En taxa interanual, os maiores aumentos observáronse envivienda, auga, electricidade, gas e outros combustibles (+13,7%) e en transporte (+9,4%); seguidos por sanidade (2,2%) e ensino (+1,5%).

Tamén se produciron incrementos no prezo de restaurantes e hoteis (+1,4%), vestido e calzado (+1,2%), alimentos e bebidas non alcohólicas (+0,8%) e mobles, artigos do fogar e artigos para o mantemento corrente do fogar (0,6%). Mentres, rexistráronse descensos en comunicacións (-3,1%), bebidas alcohólicas e tabaco (-0,7%), e lecer e cultura (-0,4%).

Arquivo - Sección de froitas e verduras nun supermercado de Madrid.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Sección de froitas e verduras nun supermercado de Madrid.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press


EVOLUCIÓN MENSUAL

En relación ao mes anterior, o IPC variou un 0,58% en Galicia en agosto, o que representou o sexto mes consecutivo de incremento. Así, a vivenda e as subministracións tamén presentaron as maiores subidas (+2,4%) en taxa mensual, seguidas polos restaurantes e hoteis (+0,9%) e o lecer e a cultura (0,7%).

A nivel estatal, o IPC subiu un 0,5% en agosto en relación ao mes anterior e situou a súa taxa interanual no 3,3%, catro décimas por encima do mes anterior e a súa taxa máis elevada desde outubro de 2012, segundo o INE, que confirma, no caso da taxa interanual, a cifra avanzada a finais do mes pasado polo organismo. Con esta repunta, co que o IPC anual encadea a súa oitava taxa positiva consecutiva, a inflación sitúase en niveis descoñecidos desde fai case nove anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta