Aínda non tes un dominio galego?... Pois aproveita a oferta de inicio do outono

PuntoGal fai unha promoción de dominios para comezar o outono a 10 euros.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/09/2021 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

PuntoGal quere celebrar a chegada do outono e o inicio do curso escolar cunha atractiva rebaixa no prezo dos novos dominios. Nos rexistradores sumados a esta promoción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 10 euros máis IVE. Os prezos rebaixados estarán vixentes desde o día 15 e ata o 31 de setembro.

Asociación puntoGal
Asociación puntoGal

Para poder aproveitar a promoción, é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras Dinahosting, INWX, Don Dominio, Radia.Cloud, Openprovider, Arsys e OVH.com, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos. PuntoGal recomenda visitar todas as páxinas das empresas participantes na promoción e atopar a que se adapte mellor ás súas necesidades. Toda a información atópase na páxina www.dominio.gal/promocions/.

"PuntoGal, que xa supera os 6.000 dominios rexistrados, segue traballando para que todas aquelas persoas, asociacións, institucións e empresas que queiran visibilizarse na rede como parte da comunidade galega poidan facelo cun prezo competitivo", apunta a asociación nun comunicado.

O dominio ampliou o seu programa corporativo de apoio a iniciativas relacionadas coa lingua, a cultura e as TIC en Galicia. Entre as últimas actividades realizadas figura a colaboración coas Galescolas de fútbol gaélico e o patrocinio do programa de Twitch de divulgación científica en galego Balea Vermella. O dominio forma parte, igualmente, da Asociación internacional de dominios Geotlds.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta