Ferrol recibe a novo turoperadores nacionais e internacionais para crear paquetes turísticos

Eva Martínez explica que o obxectivo é por en valor "o patrimonio marítimo, militar e industrial de Ferrol".

Por E.P. | Ferrol | 14/09/2021 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

A concelleira de Patrimonio Histórico de Ferrol, Eva Martínez, recibiu este martes a nove turoperadores nacionais e internacionais que ata o vindeiro venres percorrerán este municipio para coñecer a cidade e a súa contorna, co obxectivo de crear a posteriori paquetes turísticos coa cidade naval como destino.

Martínez detallou que esta iniciativa "busca pór en valor o patrimonio marítimo, militar e industrial de Ferrol". Os profesionais visitarán o Arsenal Militar, o Museo Naval, o barrio da Magdalena e os seus edificios modernistas, as baterías militares, as praias, o Museo da Construción Naval, as Meninas de Canido, ademais de percorrer en lancha a ría, para chegar ao castelo de San Felipe.

Tamén teñen previsto facer parada no alto de Monteventoso, e visitar a zona de costa desde o cabo Prioriño ata punta Penencia. Martínez detallou que o obxectivo "é que coñezan en profundidade a cidade, tanto a zona urbana como o rural, para que poidan vender aos seus clientes con coñecemento o que estes se van a atopar en caso de visitarnos".

Ferrol recibe turoperadores para crear paquetes turísticos. CONCELLO DE FERROL
Ferrol recibe turoperadores para crear paquetes turísticos. CONCELLO DE FERROL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta