Galicia segue no descenso de casos activos malia o incremento lixeiro dos contaxios

Sitúase en 3.010 infeccións activas, á vez que baixan hospitalizados en planta e UCI.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2021 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

O número de contaxios diarios por Covid repuntou lixeiramente nas últimas horas en Galicia, con 112 casos novos rexistrados (37 máis que na xornada anterior), aínda que seguen descendendo o número de pacientes coa infección hospitalizados (de 149 a 134) e o número total de persoas coa enfermidade (de 3.249 a 3.010).

Así se reflicte nos datos feitos públicos polo Sergas este mércores (que recollen información ata as 18,00 horas do día anterior), nos que se mostra que os novos contaxios incrementáronse en todas as áreas sanitarias, salvo na de Pontevedra.

Na área sanitaria da Coruña rexistráronse nas últimas 24 horas 32 novos casos (9 máis que na xornada anterior), na área de Vigo son 23 os contaxios novos (3 máis), na área de Lugo hai 20 persoas contaxiadas novas (10 máis), na área de Ourense rexistráronse 17 casos novos (9 máis), na área de Santiago son 15 novos contaxios (6 máis), na área de Ferrol hai 2 casos novos (na xornada anterior non se rexistrou ningún) e na área de Pontevedra notificáronse 3 novos contaxios (3 menos que un día antes).

Con respecto ao número total de persoas enfermas de Covid en Galicia, este mércores notificouse que son 239 menos que a xornada anterior, situándose a cifra en 3.010 casos activos, e o número baixou en todas as zonas sanitarias.

Por áreas, o maior número de casos de Covid segue na área da Coruña, con 823 persoas coa enfermidade (56 menos), seguida da área de Lugo, con 572 casos (57 menos). Na área de Santiago hai 504 casos (56 menos), na área de Vigo son 464 os enfermos (16 menos), na área de Ourense hai 323 casos activos (28 menos), en Pontevedra hai 204 casos (10 menos) e na área de Ferrol hai 120 casos activos de Covid (16 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, en cifras globais reduciuse o número de pacientes ingresados, tanto en UCI como en unidades convencionais de hospitalización. Así, pasouse de 37 a 35 pacientes en coidados críticos, e de 112 a 99 enfermos ingresados en planta.

A área da Coruña ten o maior número de enfermos graves, 12 persoas; na área sanitaria de Vigo son 7 os pacientes en UCI, na área de Ourense segue habendo 6 persoas en UCI, na área de Pontevedra hai 3 (unha menos), na área de Lugo hai outros 3 enfermos de Covid en coidados críticos, na área de Santiago seguen 2 pacientes en UCI e na área de Ferrol hai outros 2 (un menos que hai un día).

FALECIDOS, CURADOS E PROBAS

Desde o inicio da pandemia curáronse do Covid 175.742 persoas, das que 350 recibiron o alta epidemiolóxica nas últimas horas. Por contra, faleceron coa enfermidade 2.610 persoas. Os últimos decesos comunicados por Sanidade son os de dous homes, ambos de 82 anos de idade, e que estaban ingresados no hospital Povisa de Vigo e no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, respectivamente.

En canto ás probas diagnósticas, en Galicia realizáronse, desde o inicio da crise sanitaria, case 2,8 millóns de PCR (3.489 nas últimas 24 horas), case 820.000 probas de antíxenos e máis de 1,1 millóns doutro tipo de probas. Segundo Sanidade, a taxa de positividade das probas PCR (o número de infeccións detectadas cada 100 test) situouse nas últimas horas no 3,23 %, por baixo do 5 % que a OMS determina como limiar para dar por controlada a pandemia.

VACINACIÓN

Mentres, segue avanzando o proceso de vacinación en Galicia e, segundo os datos publicados polo Sergas, nas últimas horas (nas que se seguiu vacinando nos campus universitarios) recibiron doses da vacina contra o Covid outras 21.166 persoas, das que 19.709 completaron a súa pauta de vacinación (dobre dose).

Así, en Galicia administráronse un total 4.281.262 dose da vacina e xa hai 2.197.577 persoas coa pauta completa. Isto supón que está inmunizado o 89,5 % da poboación diana (maiores de 12 anos) e o 81,4 % da poboación total da Comunidade.

Proceso de vacinación contra o Covid no Recinto Feiral de Pontevedra.. SERGAS
Proceso de vacinación contra o Covid no Recinto Feiral de Pontevedra.. SERGAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta