'Mulleres no foco' homenaxeará ás traballadoras do sector audiovisual galego

A Deputación de Pontevedra co obxectivo de impulsar o cinema producido na provincia, e promocionar o territorio a través do sector audiovisual, acaba de dar luz verde aos novos patrocinios de producións enmarcadas no programa 'Pontevedra, estudio de cinema', que xa puxo en marcha o pasado ano.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2021 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra renderá homenaxe ao traballo das mulleres do sector audiovisual galego a través das gala 'Mulleres no foco', que se celebrará o 23 de setembro ás 19.00 horas no Auditorio Centro Social A Fundación de Vigo.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este mércores o evento no que tamén se fará entrega do tres premios do primeiro certame 'Mulleres no foco', organizado pola institución provincial xunto coa Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA).

A estes premios presentáronse 14 candidaturas das que tres foron seleccionadas nun proceso participativo no que interveu tanto o xurado como entidades locais, culturais e profesionais ligadas co audiovisual galego.

Os nomes das gañadoras coñeceranse na cerimonia e cada unha delas recibirá un premio de 3.000 euros, así como unha creación "moi especial, vangardista e sorprendente" da artista plástica Pilar Alonso. "Vai sorprender", incidiu Silva.

O resto das candidatas recibirán unha menina, o símbolo de igualdade do ente provincial. A gala estará conducida polas actrices Neves Rodríguez, Mela Casal e Sheyla Fariña e contará tamén coa presenza de Chelo Loureiro, membro da xunta directiva de CIMA, á que a presidenta provincial fixo un "gran recoñecemento".

'PONTEVEDRA, ESTUDIO DE CINEMA'

Por outra banda, co obxectivo de impulsar o cinema producido na provincia, e promocionar o territorio a través do sector audiovisual, a Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde aos novos patrocinios de producións enmarcadas no programa 'Pontevedra, estudio de cinema', que xa puxo en marcha o pasado ano.

En total son seis os filmes que terán apoio este 2021: dúas curtametraxes e catro longametraxes, un deles de animación. Así mesmo, contará cun investimento de 60.000 euros, aínda que o prazo para solicitalo segue aberto ata fin de ano ou ata que se esgote o crédito (que é de 90.000 euros).

Carmela Silva asegurou que o Goberno provincial quere promover o audiovisual galego, "unha industria potentísima onde a provincia ten que estar presente, e que ten unha gran compoñente de promoción do noso territorio".

Presentación de Mulleres non Foco. RAFA ESTEVEZ
Presentación de Mulleres non Foco. RAFA ESTEVEZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta