As empresas galegas pagan un 10,2% más por traballador no segundo semestre, pero por baixo da media estatal

O custo salarial crece un 11%, pero tamén se eleva menos que a media do 14%.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 16/09/2021 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

O custo laboral medio por traballador e mes (que inclúe as remuneracións e as cotizacións sociais) incrementouse un 10,2% no segundo trimestre do ano en Galicia en relación ao mesmo período de 2020, de forma que se sitúa en 2.495,37 euros, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Esta alza é inferior ao 13,2% de avance en España, onde o custo laboral ascende de media a 2.766,39 euros, é dicir, 271 euros máis que en Galicia. A cifra galega ocupa o undécimo posto entre comunidades.

Por hora efectiva, o custo laboral na comunidade galega por hora efectiva alcanzou os 19,5 euros por traballador, un 5,4% menos que o mesmo trimestre do ano anterior. Este retroceso é lixeiramente superior á media española (-5,2%), con 21,68 euros.

Mentres, o custo salarial galego, de 1.852,99 euros ata xuño, subiu un 11% en taxa anual, aínda que é menos que a media española (+14%), que se eleva ata 2.064,37 euros. O custo salario por hora sitúase en 14,48 euros, un 4,7% menos, e en España é de 16,18 euros (-4,1%).

Os outros custos chegaron a 642,38 no segundo trimestre, o que representa un aumento do 7,8%. Son de 5,02 euros por hora efectiva, un 7,6% menos.

Mentres, a xornada laboral galega queda en 151,2 de horas pactadas por traballador e mes, son 128 as efectivas e 23,7 as non traballadas. A tempo completo a distribución é: 169,6 pactadas, 143,3 efectivas e 26,9 sen traballar.

Por último, Galicia presenta 3.342 vacantes, un 2,8% do total. Nun 93,3% dos casos é porque non se necesita ningún traballador máis, nun 3,9% debido ao elevado custo de contratación e nun 2,8% responde a outras causas.

Custo laboral por comunidades no segundo trimestre de 2021. EPDATA
Custo laboral por comunidades no segundo trimestre de 2021. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta