“Mulleres na Historia”, un novo encontro coa novela histórica en Verín

O evento terá lugar os días 1 e 2 de outubro e contará con escritoras nacionais de primeiro nivel.

Por X.M. Fernández | Verín | 17/09/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Outubro comeza en Verín coa celebración das IV Xornadas de Novela Histórica e farao baixo o título de "Mulleres na Historia". O encontro estará presentado polo prestixioso sociólogo, antropólogo e escritor Manuel Mandianes Castro, e nel citaranse escritoras de primeiro nivel como son: Rosario Raro, Eva Díaz, Luz Gabás ou María Solar.

Cartel
Cartel

Atentos e atentas, pois, aos vindeiros 1 e 2 de outubro, días nos que a Biblioteca do Concello de Verín organiza estas xornadas que estarán coordinadas por José Luís Corral e José Calvo Poyato, autores de multitude de novelas históricas e considerados dos máis grandes no xénero. As dúas xornadas, ademais das intervencións literarias correspondentes, haberá un acompañamento musical a cargo de Lourdes Olbés, violinista galega de primeiro nivel.

O evento contará cun estrito protocolo de seguridade anticovid-19, e as persoas interesadas en adquirir as entradas para o mesmo poderán facelo, de maneira gratuíta, a través da web de ataquilla.com.

O programa completo das xornadas atoparédelo AQUÍ.

Biblioteca Municipal de Verín. Foto: XMF
Biblioteca Municipal de Verín. Foto: XMF
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta