Feijóo prevé ir á convención do PP en Valencia e di que a viaxe de Ayuso a EE.UU. coñecíase "desde hai moito"

O presidente da Xunta asistirá salvo que teña algunha "incompatibilidade" na axenda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2021 | Actualizada ás 15:58

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, ratificou este xoves que a súa intención, salvo que llo impida a súa axenda institucional, é desprazarse a Valencia para a clausura da convención que o seu partido pechará nesta cidade os días 2 e 3 de outubro.

Ao termo da reunión do seu Executivo, preguntado pola ausencia prevista para a clausura da convención en Valencia de 'populares' destacados', Feijóo replicou que a cita "non é unha convención en Valencia" senón que ten carácter itinerante e arrincará en Galicia o 27 de setembro. "Son sete días de convención", remarcou.

A continuación, asegurou que non coñece o detalle da axenda da súa compañeira Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidade de Madrid. Pero si subliñou que, xa tras o congreso do PP galego, celebrado o pasado mes de xullo, no que coincidiron varios presidentes autonómicos do PP, a dirixente madrileña trasladou que ela "tiña pensado estar en Norteamérica" nas datas da convención.

"Sabémolo desde hai moito tempo e estaba presente eu mesmo. Falámolo despois do congreso do PP en Galicia", subliñou, para engadir que supón que a súa compañeira tratará, na medida do posible, de "compaxinar" a súa axenda institucional, que situou en primeiro termo, coa de partido.

Pola súa banda, aínda que non pode concretar "por canto tempo", ratificou que o seu obxectivo é acudir a Valencia salvo que lle xurda "algunha axenda incompatible" no plano das súas responsabilidades como presidente galego.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha rolda de prensa. DAVID CABEZÓN / XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha rolda de prensa. DAVID CABEZÓN / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta