'Machismos, de micro nada', o libro publicado en aberto polo Colexio de Educadores Sociais de Galicia

O libro é resultado dun proceso de análise individual e colectivo do grupo de traballo e "que parte dunha reflexión: a consideración de que o termo micromachismos", acuñado por Luís Bonino, "reduce ou resta importancia, polo prefixo micro, ás manifestacións de violencia contra as mulleres".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2021 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O grupo de traballo en igualdade do Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia, 'Fiadeiras', publicou en aberto, na súa páxina web, o libro 'Machismos, de micro nada', editado en 2016, e que busca "visibilizar o machismo na vida cotiá que afecta as mulleres".

Este xoves, día no que se publicou o libro, 'Fiadeiras' celebra o seu 10º aniversario; 10 anos "traballando para a creación de espazos para o encontro e a reflexión coa finalidade de romper os modelos de intervención socioeducativa sexistas e favorecer unha educación social feminista".

O libro é resultado dun proceso de análise individual e colectivo do grupo de traballo e "que parte dunha reflexión: a consideración de que o termo micromachismos", acuñado por Luís Bonino, "reduce ou resta importancia, polo prefixo micro, ás manifestacións de violencia contra as mulleres".

"Este é o punto de partida dun traballo que pretende mostrar as formas sutís en que se presenta o patriarcado, precisamente coa intención de visibilizar a súa importancia", sinalan nun comunicado.

Para iso, o texto recolle as experiencias de numerosas figuras e colectivos do ámbito social, cultural ou educativo, "co fin de dar conta de todas esas percepcións ou feitos intrinsecamente vinculados a un sistema estrutural machista co que se convive hoxe en día" e para "pór en valor que as mulleres, cunha boa organización, podemos facer grandes ou pequenas cousas --o reto é poder facer--".

'Machismos, de micro nada' inclúe textos e ilustracións de Lucía Aldao, Pablo Andrade, Leo Arremecághona, Isaac Castro Neira, Luís Davila "O Bicheiro", Eva da Torre Conde, María de los Ángeles García Fonte e Clara Gayo, entre outros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta