Concentración da CIG ante o Sergas reclamando a restitución dos salarios "roubados" desde 2010

"Tal e como consta na carta que nos remitiu a institución, o pasado 20 de agosto volveu dirixirse á Consellería para requirirlle novamente os datos, lembrándolle que é unha obrigación legal", explicou a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2021 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia

Delegados e representantes da CIG-Saúde das diferentes áreas sanitarias galegas concentráronse este xoves ante a Consellería de Sanidade en Santiago de Compostela para reclamar a restitución dos salarios do persoal que levan "conxelados desde o ano 2010".

Durante a protesta, representantes sindicais fixeron entrega dun escrito dirixido ao Sergas coas súas demandadas e para lembrar a "obrigación legal" de contestar os requirimentos de información da Valedora do Pobo, precisamente sobre as retribucións deste persoal.

"Tal e como consta na carta que nos remitiu a institución, o pasado 20 de agosto volveu dirixirse á Consellería para requirirlle novamente os datos, lembrándolle que é unha obrigación legal", explicou a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.

Así, reprochou que xa van "once anos" desde a "penalización retributiva" que experimentou o persoal do Sergas, e solicitou a convocatoria dunha mesa sectorial para negociar un calendario de recuperación dos acordos salariais destes traballadores, suspendidos desde o ano 2010.

Concentración da CIG ante Sanidade. CIG
Concentración da CIG ante Sanidade. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta