O exceso de horas é xa a principal causa de morte no traballo

Así o veñen de asegurar a OMS e a OIT.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2021 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

O exceso de horas de traballo, con semanas laborais de máis de 55 horas nalgúns países, é o principal motivo de mortalidade laboral no mundo, con 744.924 falecidos en 2016, segundo os datos do informe elaborado pola Organización Internacional do Traballo (OIT) e a Organización Mundial da Saúde (OMS), publicado este venres.

No caso concreto de España, a cifra de mortes en 2016 por exceso de horas de traballo ascendeu a 856, sobre un total de 9.186 falecidos por causas relacionadas co traballo, segundo os datos de ambas as institucións. En total, 1.879.890 persoas faleceron en 2016 en todo o mundo por como consecuencia da súa actividade laboral, como conclúe o informe global da OIT e da OMS.

Ademais do exceso de horas de traballo, entre as principais causas de mortalidade laboral tamén están a exposición a materias, gases e fumes, e os accidentes de traballo. Os problemas de saúde máis frecuentes relacionados con estas causas son a obstrución crónica pulmonar, derrames e enfermidades cardíacas.

O informe da OMS e a OIT sostén que as lesións laborais causaron o 18% das mortes (360.000 mortes) en 2016, o que implica que as enfermidades relacionadas co traballo son catro veces máis letais que os accidentes laborais. O director xeral da OMS, Tedros Adhanom Ghebreyesus, cualificou como "chocante" que o traballo sexa a causa da morte de centos de persoas.

"O noso informe é unha chamada de atención aos países e ás empresas para que melloren e protexan a saúde e a seguridade dos traballadores cumprindo os seus compromisos de proporcionar unha cobertura universal de servizos de saúde e seguridade no traballo", agregou durante a presentación do informe.

AS MORTES QUE NON SE VEN

Un camareiro recolle unha lámpada de calor da terraza dun restaurante
Un camareiro recolle unha lámpada de calor da terraza dun restaurante | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

O informe publicado este venres recolle por primeira vez datos oficiais e comparables sobre as mortes por enfermidade de orixe laboral en España. O documento estima 9.186 mortes laborais en España durante2016, un 60% máis das que se notificaron oficialmente. O director da Oficina da OIT para España, Joaquín Neto, asegurou que estas cifras "tan impactantes obrigan a actuar".

"Haberá que revisar e actualizar as políticas preventivas e adoptar a través do diálogo social unha nova axenda para resolver esta situación. España terá que revisar a fondo a situación de subregistro das enfermidades laborais e mortes asociadas", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta