O novo plan de "hostalaría segura" obriga a "traballar na ilegalidade" segundo o sector

"A Xunta de Galicia esixe traballar nunha situación ilegal desde o 15 de setembro, obrigando a realizar unha declaración responsable desta cuestión, entre outras, sen publicar a día de hoxe os contidos da obrigada formación" din desde a Plataforma Galega en Defensa da Hostalaría.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2021 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

A Plataforma Galega en Defensa da Hostalería afirma que o novo plan de 'hostalaría segura' obriga ao sector a "traballar na ilegalidade", indica nun comunicado. "A inseguridade creada, froito da improvisación do goberno da Xunta, é inaceptable" indica nun comunicado no que lamenta que as medidas se adoptasen "sen o consenso maioritario do sector".

Entre os requisitos para acceder ás distintas clasificacións, afirma que é de obrigado cumprimento "asegurar a formación do persoal traballador segundo os contidos marcados pola DirecciónXeral de Saúde Pública".

"A Xunta de Galicia esixe traballar nunha situación ilegal desde o 15 de setembro, obrigando a realizar unha declaración responsable desta cuestión, entre outras, sen publicar a día de hoxe os contidos da obrigada formación".

"A situación é grave, surrealista e esperpéntica", afirman desde a Plataforma para quen "a propia natureza do plan busca responsabilizar ao sector, unha vez máis, das diferentes restricións, 'segundo o seu nivel de compromiso'".

"É intolerable xa que este sector ten máis que demostrado non só o seu compromiso, senón mesmo a súa responsabilidade coas distintas restricións, a pesar de consideralas inxustas e discriminatoriasrespecto das do resto de sectores".

"Asistimos curiosamente a un endurecemento real das restricións, a parte dun importante desembolso económico para adaptarse ás mesmas, que contrasta coa favorable situaciónsanitaria existente e cando todos os territorios do Estado están a levantar ou flexibilizando as actuais restricións", sinala a Plataforma que pide á Xunta que se acorde un plan acorde "ao contexto real no que nos atopamos".

Unha barra dun bar coruñés. M. Dylan - Europa Press
Unha barra dun bar coruñés. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta