Interceptada unha condutora ebria que se deu á fuga tras chocar contra dous coches aparcados en Ourense

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 20/09/2021 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

Unha condutora de 46 anos e que conducía baixo os efectos do alcol foi interceptada tras chocar contra dous vehículos que permanecían estacionados á altura do número 41 da rúa Pena Trevinca de Ourense.

Segundo informou a Policía Local, sobre as 22,00 horas os axentes recibiron unha chamada que alertaba dun accidente neste punto, onde dous vehículos estacionados sufriran danos. Ademais, o terceiro coche implicado abandonou o lugar.

Tras activar un dispositivo de procura, a Policía Local interceptou o vehículo na rúa Laza, onde observou que a condutora presentaba síntomas evidentes de embriaguez. Por iso, realizouselle a proba de alcoholemia, cun resultado positivo que triplicaba o límite permitido.

MÁIS CONDUTORES BAIXO OS EFECTOS DO ALCOL

Ademais, na cidade, outros dous condutores foron sorprendidos cando circulaban baixo os efectos do alcol. En primeiro lugar, sobre as 1,43 horas do domingo, outra patrulla observou como un vehículo cambiaba de carril de forma irregular na rúa Ervedelo.

Tras identificalo, o condutor, un mozo de 23 anos, deu un resultado positivo nas probas de alcoholemia que tamén triplicaba o límite permitido.

Proba de alcolemia.
Proba de alcolemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta